imaxin|software

Pares de idiomas

  • español - galego
  • galego - español
  • español - catalán
  • catalán - español
  • español - éuscaro

100% Personalizable

Opentrad permite unha total personalización:
  • Adaptación ao dominio (xornalistico, administrativo, etc..)
  • Adaptación ao libro de estilo
  • Integración en redes IP
  • Integración con outros sistemas

imaxin|context

Soporte para Opentrad: Consultoría, personalización, instalación, integración con outros sistemas. Baleirado terminolóxicos, automatizacións, etc..

Que é Opentrad?

Multilingüe, libre e gratuíto

Opentrad é un sistema de tradución automática en código aberto para todas as linguas do Estado e de uso gratuíto para todo o público.

Actualmente está dispoñible a tradución bidireccional entre os pares español-galego e español-catalán e a tradución do par español-éuscaro.

Ademais Opentrad está deseñado para ser adaptado e configurado segundo as necesidades dos usuarios, permitindo a súa integración con calquera outro sistema.

Na actualidade Opentrad esta a ser utilizado por miles de usuarios para traducir textos, documentos ou webs de forma que lles permite navegar pola internet traducindo as páxinas. Outros usuarios utilízano para ofrecer as súas páxinas persoais, empresariais, blogs etc. en galego, español, catalán e éuscaro.

 

Personalizable

O deseño de Opentrad permite a súa adaptación e personalización tanto desde o punto de vista lingüístico, adoptando o libro de estilo dunha organización, como desde o punto de vista técnico, permitindo a súa integración en redes IP ou unha total integración con outros sistemas.

imaxin|software, a través do seu departamento de enxeñaría lingüística imaxin|context, ofrece diferentes servizos de valor engadido que permiten unha personalización e integración total de Opentrad adaptándose ás súas necesidades.

 

En evolución continua

Opentrad é un sistema de tradución automática de código aberto, o que facilita que a comunidade se poida beneficiar das diferentes releases entregadas polo propio consorcio como polos add-ins realizados polos voluntarios.

 

Sistema de Tradución Automática

Trátase dun sistema de tradución automática de transferencia sintáctica superficial e está pensado inicialmente para a tradución entre pares de linguas relacionadas, aínda que algúns dos seus compoñentes tamén se utilizaron na arquitectura de transferencia sintáctica profunda (Opentrad Matxin) que se desenvolveu no mesmo proxecto para o par español-éuscaro.

Apertium traduce actualmente entre os pares español-galego e español-catalán, e pode utilizarse para a construción de tradutores entre outros pares de linguas relacionadas como danés-sueco, checo-eslovaco, etc.

Os demais sistemas de tradución automática dispoñibles ata o momento para os pares es-ca e es-gl son maioritariamente comerciais ou utilizan tecnoloxía privativa, co que é moi difícil adaptalos a novos usos; ademais, utilizan diferentes tecnoloxías para os distintos pares de linguas, o que fai moi difícil integralos nun único sistema de xestión de contidos multilingües.

Unha das principais novidades da arquitectura que presentamos é que se liberou baixo unha licenza de código aberto (licenza GNU GPL para os programas e Creative Commons para os datos) e é de distribución gratuíta. Isto significa que calquera persoa que teña os coñecementos lingüísticos e informáticos necesarios poderá adaptar ou ampliar o produto para crear un novo sistema de tradución automática, ata para novos pares de linguas relacionadas.

Esperamos, por iso, que a introdución desta arquitectura de tradución automática de código aberto solucione algúns dos problemas mencionados (existencia de diferentes tecnoloxías para diferentes pares, dificultade de adaptación das arquitecturas de código pechado a novos usos, etc.) e favoreza o intercambio de datos lingüísticos xa existentes utilizando os formatos baseados en XML. Ao mesmo tempo, cremos que axudará a cambiar o modelo de negocio actual neste campo, baseado en licenzas, por un modelo baseado na prestación de servizos.


 

Recomenda a un amigo

enviar a un amigo

Se che parece útil este tradutor mándallo a un amigo e comparte este recurso.

Produtos relacionados

corrector 2mil3

Corrector de galego 2.mil3 imaxin|software é unha empresa especializada en enxeñaría lingüística.

Descarga desde

sourceForge

En SourceForge.Net podes encontrar todo o necesario para descargar e instalar Opentrad.

Financiado por:

Ministerio de Industria, Turismo y Comercio

Este proxecto foi financiado parcialmente polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio mediante unha iniciativa PROFIT.

 

imaxin|softwareSalgueiriños de abaixo n° 11, L6. Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | Política de privacidade | Accesibilidade

Opentrad Libertade