imaxin|software

Clientes principais

  • El Correo Gallego
  • La Voz de Galicia
  • Educa Madrid

 

Servizos ofertados sobre Opentrad

imaxin|software ofrece servizos de consultoría, asesoramento e personalización para que a integración de Opentrad se adapte ás necesidades do seu negocio.

Como empresa participante no desenvolvemento deste proxecto temos a experiencia, coñecemento e ferramentas precisas para dar unha mellor resposta ás súas necesidades.

 

Consultoría técnica

Un dos factores clave na incorporación de novos sistemas a unha organización é a súa integración dentro do fluxo de traballo.

O aforro de tempo e recursos que un sistema de tradución proporciona non debe diminuír pola falta de flexibilidade e adaptación ao método de traballo.

Consultoría lingüística

A eficacia dun sistema de tradución automática dependerá en grande medida da base de datos terminolóxica e da súa adaptación ao ámbito lingüístico en que traballe a empresa.

Debido á importancia no éxito do sistema de tradución de contar cunha base de datos lingüística apropiada, imaxin|software ofrece os seguintes servizos dentro da consultoría lingüística:

  • Estudo da terminoloxía e do ámbito lingüístico
  • Baleirado terminolóxico
  • Adaptación ao libro de estilo da empresa
  • Construción de bases de datos personalizadas

 

Asesoramento para a implementación

Gran parte do éxito ou fracaso da implantación de novos sistemas depende das persoas (responsables da implantación, técnicos, usuarios, usuarios indirectos, etc.).

Na implantación de sistemas de tradución automática onde existe a figura de tradutor ou lingüísta poden aparecer problemas de diferente índole:

  • Disparidade de criterios
  • Falta de compresión do funcionamento dos sistemas automáticos
  • Reticencia ao sistema por entender que pon en perigo o posto de traballo
  • Necesidade de formación para o mantemento das base de datos lingüísticas

 

 


 

Recomenda a un amigo

enviar a un amigo

Se che parece Ăștil este tradutor mándallo a un amigo e comparte este recurso.

Produtos relacionados

corrector 2mil3

Corrector de galego 2.mil3 imaxin|software é unha empresa especializada en enxeñaría lingüística.

Descarga desde

sourceForge

En SourceForge.Net podes encontrar todo o necesario para descargar e instalar Opentrad.

Financiado por:

Ministerio de Industria, Turismo y Comercio

Este proxecto foi financiado parcialmente polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio mediante unha iniciativa PROFIT.

 

imaxin|softwareSalgueiriños de abaixo n° 11, L6. Santiago de Compostela Tlf. 981 554 068 Fax. 981 554 988

Aviso legal | PolĂ­tica de privacidade | Accesibilidade

servizos